Nesta primeira entrada quero establecer como punto de partida para a realización deste blog a imputación de Rodrigo Rato no xuízo polo caso Bankia, para a análise do diferente tratamento que van a dar os distintos medios de comunicación da mesma nova, en base aos seus principios económicos, sociais e políticos.
Co fin de situar contextualmente ao lector, engado un enlace ao blog "mysteryLeaks.com", onde o autor trata de facer una introdución sinxela e de fácil comprensión ao Caso Bankia:
Unha vez asentado o contexto, é momento de pasar a analizar as mesmas novas en diferentes xornáis.
Podemos apreciar nada máis ler os dous titulares que o tema principal é referenciado con distinto nome. Cando no primeiro xornal (Público Dixital) fan alusión ao "burato de Bankia", aportando gravidade ao asunto que se está a tratar, no segundo (ABC Dixital) utilizan a expresión "causa sobre Bankia", sendo coherentes cos feitos e facendo referencia ao pleito aberto polo caso de Bankia, tratando de quitar ferro ao asunto como se de un pleito común e pouco preocupante se tratase.
Ademáis, se nos fixamos na data de cada unha das novas comprobaremos que o medio Público emiteu esta primicia con un día de antelación (coincidindo coa emisión do auto oficial) fronte ao ABC.
En liñas xerais, o que máis destaca é o gran aporte de información que fai o xornal Público, e a escasa documentación que presenta o xornal ABC xa que non se estende en absoluto e non aporta apenas información acerca do caso. Este último céntrase en 4 frontes:
- Destaca a imputación de 33 persoas na causa sobre Bankia, entre eles Rodrigo Rato e Ángel Acebes.
- Referencia os motivos da querela moi polo miúdo.
- Resalta a importancia que ten evitar a quebra de Bankia, a cal podería desestabilizar todo o sistema financieiro do país e subliña a non adopción de medidas cautelares.
O xornal público fai un maior aporte de información e destaca os seguintes aspectos do proceso:
- O xuíz fixou para o 23 de xullo unha vista para decidir se procede a intervención xudicial de Bankia e o BFA (Banco Financeiro e de Aforro) solicitada polo querelante UPyD.
- A querela acusa aos conselleiros de Bankia e do BFA (a matriz do banco recentemente nacionalizada) de delitos de estafa, apropiación indebida, falsificación de contas anuais, administración desleal, maquinación para alterar o prezo das cousas e delitos societarios.
- Bankia recibeu aportacións públicas por valores de 4.465 millóns de euros, e recentemente solicitou outros 19.000 millóns, o custo inicial para subsanar o burato é de 23.465 millóns de €.
- Nomea un por un os 33 imputados no caso Bankia.
- Fai unha listaxe da información solicitada a Bankia polo xuíz Fernando Andreu, encargado do caso.