martes, 17 de julio de 2012

Conclusións

Para concluír este blog, tarefa da materia "Intervención Social con Medios de Comunicación, que trata de seguir a mesma nova ao longo de 10 días en dous medios distintos e comparar cómo se leva a cabo o tratamento da información por cada un deles, gustaríame destacar que non puiden engadir máis entradas por carecer bastantes días de titulares no xornal Público. O xornal ABC cubreu a nova case todos os días baixo entradas con pouca información, pero ao longo de estos 12 días. O diario Público parece que lle da máis importancia cando hai algún aspecto do asunto que é modificado ou cando xorde unha nova, o que é moi lóxico, e aproveitan cando esta novidade se presenta para afondar no tema. 
As conclusións que podemos sacar de esta análise é que os medios son potentes armas ás que non se lle pode facer caso a cegas senón que debemos dubidar e contrastar a información. A maioría da xente sorprenderíase de ler a mesma nova en dous ou tres xornais distintos xa que en moitas ocasións poden facer verche o tema de controversia dende unha perspectiva ou dende outra. 
Os medios deberían ser independentes e neles debería haber un control obxectivo da información que se emite, pero isto lonxe de ser unha realidade, é unha utopía. 

lunes, 16 de julio de 2012

"Temor no PP a que Rato tire da manta no Congreso" VS "Rato, Salgado e Serra comparecerán o 26 de Xullo para explicar a quebra bancaria"

Unha vez máis podemos apreciar o empeño do diario Público en arroxar datos, explicacións e posibilidades acerca do asunto e a falta de contido por parte do ABC.
En Público destacan que a comparecencia de Rato preocupa aos da gaviota xa que este pode "tirar da manta" debido a que un dos seus obxectivos é desmarcarse do PP. Ademáis recollen información do REal Instituto El Cano de estudos que revelan que Rato é a figura política que causa maior rexeitamento aos españois. Tamén destaca que a direción do PP trata de saber por onde vai tirar Rato na súa comparecencia pero que non é unha tarefa fácil. Isto é froito das crecentes diferencias entre Rato e o PP. Público nomea tamén apoios cos que conta Rato fóra do PP como é o de Álvarez Cascos. 
O ABC apenas amplía a información do titular, nomea a outros exdirectivos que terán que declarar o mesmo día que Rato. En cambio, engade que o Parlamento catalán aprobou este luns a comparecencia na comisión de investigación na xestión denetidades finaceiras ao presidente de Bankia, ao seu antecesor, ao conseller de Economía e ao seu antecesor, ademáis do presidente do Banco de España e o seu antecesor. Pero non di nada acerca de si o PP está preocupado ou non, ou si está tratando de saber qué declarará Rato.
Son dúas novas que fan referencia ao mesmo asunto pero tratadas den de puntos de vista completamente dispares xa que un está centrado en recolectar información e facer máis creíble a súa noticia e outro parece que pasa por alto esta nova, dándolle pouca importancia e non afondando nos temas que a rodean.

Temor no PP a que Rato tire da manta no Congreso (Público)

Rato, Salgado e Serra comparecerán o 26 de Xullo para explicar a quebra bancaria (ABC)

martes, 10 de julio de 2012

"O PP deixa en "análise" a comisión de investigación sobre Bankia" VS

O diario Público mostra o empeño do goberno en decir que se vai a levar a cabo unha análise e non unha comisión de investigación como se viña pedindo dende a oposición, sobre todo dende que o xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Andreu, aceptou a querela presentada por UPyD, a que hoxe se lle suma outra do movemento 15 M. No diario ABC parecen non dar importancia a que se trate de unha análise e non de unha comisión de investigación en condicións.
Os dous xornais destacan a présa que ten Rodrigo Rato por declarar agora. Tamén nomean a altos cargos dos antigos gobernos do PP e do PSOE que terán que declarar.
O diario Público ademáis aporta unha listaxe cos nomes de todos os chamados a declarar polo goberno, 24 responsables políticos, económicos e finaceiro. Ademáis tamén recalca que tan só Rato e José Luis Olivas, de entre a lista de chamados a declarar polo goberno, están entre os 33 imputados por Andreu pola xestión de Bankia.


O PP deixa en "análise" a comisión de investigación sobre Bankia (Público)
O PP chama a declarar no congreso a todos os responsables da quebra da banca (ABC)

"A Audiencia Nacional admite a querela do 15-M e imputa a Rato e a Bankia" VS "A Audiencia Nacional admite a querela do 15MpaRato"


O primeiro que chama a atención de estas dúas novas que fan referencia ao mesmo asunto é a extensión. 
No diario Público publican un artigo extenso no cal explica como xurdíu a iniciativa e por qué razóns foi posta esta querela, ademáis de resaltar as diferencias entre a querela de UPyD e a de 15MpaRato, que parten da diferencia porque UPyD plantexa esta intervención como unha acción popular, feito polo que tiveron que pagar unha fianza de 20.000 €, e a de 15MpaRato está respaldada por 13 casos particulares.
No diario ABC apenas se dedican 3 pequenos párrafos, de menos de 5 liñas cada un e con excasa información na que recollen o feito de que esta querela se sume á presentada por UPyD, ademáis denuncian que o xuíz Andreu adoptou esta decisión en contra do criterio fiscal que considera que non debe admitirse a querela porque "neste momento non cabe falar de perxudicados por unhas codutas delictivas inconcretas", polo que, ao seu xuízo, o 15-M non podería personarse como acusacion particular, o que sí aceptou a Audiencia. 


A Audiencia Nacional admite a querela do 15-M e imputa a Rato e a Bankia (ABC)
A Audiencia Nacional admite a querela do 15MpaRato (Público)

lunes, 9 de julio de 2012

"O PP pon baixo sospeita ao xuíz de Bankia" VS "Deloitte avisou a Bankia dos seus problemas en Outubro"

Baixo estes dous titulares que apreciamos no mesmo día que os recollidos na anterior entrada podemos ver que os dous xornáis deciden mesturar parte de información distinta e parte de información común baixo epígrafes diferentes.
Neste caso, Público lanza a acusación hacia o PP e resalta que pon baixo sospeita ao Xuíz de Bankia. Logo, na ampliación da nova, amplía este titular :"trátase dunha imputación xenérica, asegurou, na que se procedeu a incluir a 30 persoas antes de facer calquera outra instrución ou investigación. Non é habitual, insisteu María Dolores de Cospedal."
No caso de ABC, non podemos atopar neste día ningunha nova que se refira a que o PP pon baixo sospeita ao Xuíz de Bankia. 
Non obstante, as dúas novas coinciden é en nomear a advertencia de Deloitte (encargada de auditar as contas de Bankia) o pasado Outubro ao que nese momento era presidente do Comité de Auditoría, e exministro do interior, Ángel Acebes. ABC destaca as declaracións de Deloitte mentres que Público dalle importancia ás declaracións da número dous do PP, a cal defende que Deloitte desminte nun comunicado oficial o feito de ter acusado a Ángel Acebes de ter ocultado o burato de Bankia, e responden reafirmando que a consultora asegura que avisou sobre as contas da entidade xa en Outubro de 2011. 
Volvemos a ver ante os nosos ollos a palabra burato ca súa connotación rotundamente negativa. 





"Rato dedícase a eloxiar ao goberno mentres cala sobre a súa imputación" VS "Rato di que o goberno cumple cos obxectivos que se debían ter abordado fai anos"

Nesta terceira entrada atopámonos con dous titulares moi dispares para dúas novas moi parecidas.
Hai que destacar que as duas diferencias de contido que podemos atopar entre o artigo do ABC e o de Público residen en que o ABC fala de Rato como un "imputado xunto a outros 32 conselleiros da entidade" e sinala que foi increpado á entrada na conferencia por un pequeno grupo de manifestantes. En Público eluden chamar imputado por esta vez a Rato e tampouco fan alusión ao grupo de manifestantes cos que tuvo que lidiar Rodrigo Rato á entrada da conferencia.
Polo demáis os dous medios coinciden bastante, resaltando que Rato non fixo declaración algunha acerca da intervención de Bankia e se adicou a eloxiar ao goberno de España polas medidas que está a tomar.

Rato di que o goberno cumple cos obxectivos que se debían ter abordado fai anos (ABC)
Rato dedícase a eloxiar ao goberno mentres cala sobre a súa imputación (Público)

jueves, 5 de julio de 2012

"Varios ministros cuestionan a imputación de Rodrigo Rato" VS "Tres ministros cuestionan a imputación da cúpula de Bankia"

Día 2 en esta tarefa de comparar o tratamento das mesmas noticias por distintos medios.
Neste caso o titular non dista moito entre o xornal Público e o ABC.
Tampouco dista moito a información que estes dous recollen, xa que son declaracións de políticos reproducidas con bastante fidelidade por parte dos dous medios.
Os dous medios centran a atención nas declaracions dos políticos, Arias Cañete (Ministro de Agricultura), José Wert (Ministro de Educación e Cultura) e José Manuel García-Margallo (Ministro de  Exteriores). O primeiro expresou as súas reservas ó proceso seguido pola Audiencia Nacional, que tacha de "xuizo anticipado" e acusa a UPyD de ter "intereses políticos" ca súa querela. O segundo defende que esta imputación non é para nada incompatible coa presunción de inocencia e o terceiro lamenta a imputación de Rato porque "é o seu amigo".


Varios ministros cuestionan a imputación de Rodrigo Rato (Público)
Tres ministros cuestionan a imputación da cúpula de Bankia (ABC)

"Verdú, número dous de Bankia, dimite tras ser imputado polo xuíz" VS "Francisco Verdú dimite como conselleiro delegado de Bankia"

Baixo estos titulares, nos que podemos apreciar unha pequena diferencia xa que no do diario Público sinalan que dimite tras ser imputado no mesmo titular, e no ABC non fan alusión algunha na súa cabeceira, atopamos unha noticia bastante parecida en canto ao enfoque dende os dous medios. 
É destacable recoller as palabras do diario ABC cando sinala que "Fontes finaceiras consultadas pola Axencia Efe resaltaron que é destacable que en un país donde os imputados non adoitan dimitir él o faga para non perxudicar á entidade" declaracións que non recolle neste caso o diario Público.


Verdú, número dous de Bankia dimite tras ser imputado polo xuíz (Público)
Francisco Verdú dimite como conselleiro delegado de Bankia (ABC)

miércoles, 4 de julio de 2012

"A Audiencia Nacional imputa a Rato polo burato de Bankia" VS "A Audiencia Nacional cita como imputados a Rato, Olivas e Acebes na causa sobre Bankia"

Nesta primeira entrada quero establecer como punto de partida para a realización deste blog a imputación de Rodrigo Rato no xuízo polo caso Bankia, para a análise do diferente tratamento que van a dar os distintos medios de comunicación da mesma nova, en base aos seus principios económicos, sociais e políticos.
Co fin de situar contextualmente ao lector, engado un enlace ao blog "mysteryLeaks.com", onde o autor trata de facer una introdución sinxela e de fácil comprensión ao Caso Bankia:



Unha vez asentado o contexto, é momento de pasar a analizar as mesmas novas en diferentes xornáis.

Podemos apreciar nada máis ler os dous titulares que o tema principal é referenciado con distinto nome. Cando no primeiro xornal (Público Dixital) fan alusión ao "burato de Bankia", aportando gravidade ao asunto que se está a tratar, no segundo (ABC Dixital) utilizan a expresión "causa sobre Bankia", sendo coherentes cos feitos e facendo referencia ao pleito aberto polo caso de Bankia, tratando de quitar ferro ao asunto como se de un pleito común e pouco preocupante se tratase.
Ademáis, se nos fixamos na data de cada unha das novas comprobaremos que o medio Público emiteu esta primicia con un día de antelación (coincidindo coa emisión do auto oficial) fronte ao ABC.

En liñas xerais, o que máis destaca é o gran aporte de información que fai o xornal Público, e a escasa documentación que presenta o xornal ABC xa que non se estende en absoluto e non aporta apenas información acerca do caso. Este último céntrase en 4 frontes:
- Destaca a imputación de 33 persoas na causa sobre Bankia, entre eles Rodrigo Rato e Ángel Acebes.
- Referencia os motivos da querela moi polo miúdo.
- Resalta a importancia que ten evitar a quebra de Bankia, a cal podería desestabilizar todo o sistema financieiro do país e subliña a non adopción de medidas cautelares.

O xornal público fai un maior aporte de información e destaca os seguintes aspectos do proceso:
- O xuíz fixou para o 23 de xullo unha vista para decidir se procede a intervención xudicial de Bankia e o BFA (Banco Financeiro e de Aforro) solicitada polo querelante UPyD.
- A querela acusa aos conselleiros de Bankia e do BFA (a matriz do banco recentemente nacionalizada) de delitos de estafa, apropiación indebida, falsificación de contas anuais, administración desleal, maquinación para alterar o prezo das cousas e delitos societarios.
- Bankia recibeu aportacións públicas por valores de 4.465 millóns de euros, e recentemente solicitou outros 19.000 millóns, o custo inicial para subsanar o burato é de 23.465 millóns de €.
- Nomea un por un os 33 imputados no caso Bankia.
- Fai unha listaxe da información solicitada a Bankia polo xuíz Fernando Andreu, encargado do caso.